Excursión Fin de Curso 2015-2016 CEEPR San Xerome Emiliani
O pasado venres 3 de xuño realizamos a excursión de fin de curso co obxectivo de coñecer algúns recunchos da cidade de Ourense.

 
Saímos do cole as 10,30 h da mañá , con moita ilusión, utilizando por primeira vez un autobús adaptado . A primeira parada foi na Cañiza, para airear un pouco, facer algún avituallamento, etc.
Xa en Ourense , estivemos na Alameda tomando o bocadillo e disfrutando do parque infantil, pasando a facer un recorrido polas rúas do casco antigo, Praza Maior, visitando o Centro de Interpretación das Burgas , e As Burgas (onde os rapaces se quedaron abraiados do quente que saia a auga).
Posteriormente fomos a xantar o Parque Miño, onde intercambiamos opinións sobre o que víramos e descansamos un ratiño.
Xa pola tarde collemos o tren turístico que nos levou ata As Termas de Outariz, compartindo e parolando coa xente que ia dar o baño . Paseo de moitas sensacións: conversas cos viaxeiros, cancións, reaccións simpáticas cos movementos do tren, calor… Finalizando no parque (bambáns, paseo, descanso, sombra, ….)
O regreso paradiña para tomar un xeado na Cañiza.
Unha xornada chea de actividades, novas experiencias, camaradería entre monitores e alumnos, ratos de humor, momentos de cansazo, calor… E destacar o bo rollete co chófer que nos axudou un montón.
Graciñas a Santiago pola axuda e graciñas a Ginio: bo chófer, mellor compañeiro.
 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas