2º Taller de Musicoterapia

Este pasado sábado demos pau a distra e sinistra, cajontal… Pero en troques de darllos a algun político que ben os merecía, petamos contra os parches dun tambor en son pola festa e a integración.

A nosa loita estivo musicalizada polos pequenos-grandes músicos do Colexio A Sangriña, @s tenaces alumn@s do IES A Sangriña e @s festeir@s usuari@s da nosa grande e forte Xerome Crew. Moi boa xente, e con actitude, asi da gusto.

Ahí está o resultado; unha peza musical para move-lo cucu ata escoce-las nalgas.

Se non se nos escoita, é porque non queren.

Quero agradece-lo apoio e confianza daqueles que apostaron por un simple “conductor de primeira” -que non acelera- para conduci-la actividade; á disposición sempre infinita dos Estudios Baixo Miño, ós monitores que colaboraron sorriso en boca, e por suposto ós participantes destes compases pola revolta.

Victor Fuggetto.

Velaiquí unhas cantas fotos deste Sábado.

E para escoitares, xa temos a nosa disposición a gravación da batukada, pinchando aquí poderala escoitar: BATUKADA

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas