2ª Xornada da Liga de Baloncesto FGDA 2016

Hoxe mércores día 25 disputouse a segunda xornada correspondente a Liga FGDA de baloncesto. A liga FGDA é unha oportunidade para que os nosos deportistas poidan disfrutar do deporte de competición, motivarse e esforzarse para chegar a un obxectivo concreto. Aínda que o resultado ou a victoria non é un obxectivo dentro do Club, o feito que a teñan en mente, a desexen e se esforcen por acadala xa supón en sí un éxito para o grupo, ése ven sendo o triunfo deportivo para o noso traballo diario. A competición lles obriga a compenetrarse, automotivarse e motivar aos demais, esforzarse cando as folgos frouxean, e apoiarse uns aos outros nunha tarefa común.

Nesta segunda xornada o equipo masculino disputou o primeiro partido fronte San Rafael, cos que non tiveron opción saíndo derrotados por 32-15. No segundo encontro, fronte ASDAN rozaron a victoria durante boa parte do partido, sen embargo, acusaron o cansanzo e remataron cedendo unha derrota por 19-12.

Pola súa banda o equipo feminino tivo unha moi boa xornada, no primeiro partido impuxéronse as Esclavas A por un contundente 28-14, nunha moi boa actuación por parte de todo o equipo. Con esta victoria recuperan a opción de revalidar o título do ano anterior, precisamente ante este mesmo equipo, o cal promete, unha derradeira xornada de emocións. No segundo partido, as Esclavas B tamén saíron derrotadas por 25-6, neste encontro gozaron de moitos minutos aquelas xogadoras menos habituais do equipo.

No mes de outubro, resolverase a competición, daquela saberemos se o equipo feminino revalida o título e se o masculino consegue por fin a súa primeira victoria.

Resultados e clasificacións trala 2ª Xornada

IMG-20160525-WA0003IMG-20160525-WA0011 IMG-20160525-WA0058IMG-20160525-WA0061IMG-20160525-WA0004 IMG-20160525-WA0007 IMG-20160525-WA0049IMG-20160525-WA0016IMG-20160525-WA0046IMG-20160525-WA0008   IMG-20160525-WA0012 IMG-20160525-WA0015    IMG-20160525-WA0019 IMG-20160525-WA0020 IMG-20160525-WA0021 IMG-20160525-WA0022  IMG-20160525-WA0032  IMG-20160525-WA0035 IMG-20160525-WA0036 IMG-20160525-WA0037  IMG-20160525-WA0039 IMG-20160525-WA0042 IMG-20160525-WA0043 IMG-20160525-WA0045  IMG-20160525-WA0047IMG-20160525-WA0050  IMG-20160525-WA0051 IMG-20160525-WA0052 IMG-20160525-WA0053 IMG-20160525-WA0054 IMG-20160525-WA0057 IMG-20160525-WA0023IMG-20160525-WA0038

 

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas