22-F: CAMPO A TRAVÉS NO CÁMPING SANTA TECLA

Este sábado será a primeira gran cita: Campionato provincial  do programa Xogade (Xunta de Galicia), e Campionato galego para deportistas con discapacidade (FEGADDI).

Onte foi a presentación oficial.

E importante resaltar  que é a  primeira vez que se realiza esta competición de forma conxunta.

No Campionato provincial de campo a través participarán aproximadamente 600 deportistas, nas categorías cadete, infantil,  alevín e benxamín.

No Campionato galego de campo a través da Federación galega de deporte para persoas con discapacidade (FEGADDI),  participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca (Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo),  Esclavas (Mos), Juan XXIII (Pontevedra), Racing Chapela (Redondela),  Os Helenos (Monforte), e San Xerome (A Guarda).

Organiza: Secretaría Xeral para o deporte, FEGADDI, S. Xerome e S.A. do Trega. Patrocinan: Deputación Provincial,  Concellos da Guarda e do Rosal. Colaboran: BRILAT,  Cámping Santa Tecla,  Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e Eurobanan.

HORARIOS:

 

 

 

Horario Saída

 

 

CADETE masculino

4.000 m

10:45 horas

 

 

 

COMPETICIÓN Masculina  Federado +  15

3 .000 m

11:00 horas

 

 

CADETE feminino

2.500 m

11:15 horas

 

 

INFANTIL masculino

2.000 m

11:30 horas

 

 

 

COMPETICIÓN Femenina Federada +  15

2.000 m

    

 

 

 

ADAPTADA Masculina Federada  +  15

2.000 m

    

 

 

INFANTIL feminino

1.600 m

11:50 horas

 

 

 

ADAPTADA Femenina  Federada  +  15

1.600 m

     

 

 

ALEVÍN masculino

1.600 m

12:20 horas

 

 

 

ADAPTADA Masculina Escolar-  15

1.600 m

       

 

 

ALEVÍN feminino

1.200 m

12:45 horas

 

 

BENXAMÍN masculino

700 m

13:00 horas

 

 

 

Xogo  Masculino Federado + 15

 

 

 

 

 

Xogo  Masculino Escolar  – 15

 

 

 

 

BENXAMÍN feminino

700 m

13.10 horas

 

 

 

Xogo  Femenino Federado    +  15

 

 

 

 

 

LILA: Campionato provincial

AMARELO:  Campionato galego FEGADDI

A seguinte gran cita deportiva, será o domingo 9 de marzo no mesmo Circuito do Cámping Santa Tecla,  onde terá lugar  o II CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN. A inscripción para esta proba segue aberta,  sendo suficiente enviar os datos ó correo:   correo@sanxerome.com

Nas imaxes, presentación do Campionato con representantes da Xunta de Galicia e os Concellos da Guarda e O Rosal . Cartel realizado pola deportista e pintora do S. Xerome, Amparo Ferreira e  saída dunha das probas da competición FEGADDI  do ano pasado.

cpca2014SKMBT_C220140206185101Saída

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas