30 anos construidos entre tod@s (1981-2011)

Queremos celebrar este aniversario, ó longo do 2011,  con diferentes actos nos que necesitamos sentir  moi cerca  ese apoio,  o estímulo e impulso das persoas que  continúan  o noso lado: familias, voluntarios, colaboradores … para renovar as nosas forzas,  de cara a acometer os importantes retos que se aveciñan.

O martes día 8 festividade de San Xerome Emiliani,  iniciaremos as celebracións , e  imos facelo coa colaboración do Concello da Guarda ; a actividade vai consistir na plantación de 30 carballos  na zona do Montiño (Monte Trega),  simbolizando estes 30 anos de actividade. Cada carballo terá  un valor simbólico , un obxectivo, un logro ou  unha reivindicación  relacionado co ano correspondente.

A actividade, aberta a tódalas persoas que queiran participar, consistirá no seguinte:

  • Saída do Cole as 10 h. da mañá  (rúa Galicia, 23)
  • Camiñata ata o Montiño
  • Plantación dos 30 carballos
  • Regreso a pé  ata o Cole, aproximadamente ás 12 h.

¡Agardamos a vosa participación!

30 anos, 30 proxectos, obxectivos, logros e reivindicacións

Estes son os grandes titulares,  a letra pequena iremo-la debullando ó longo destes 11 meses de celebracións

  • 1981: Inauguración – Inicio da  historia
  • 1982: Subsistencia grazas ó peto, a esmola, a caridade…
  • 1983: Colectivo de Mariñeiros, empresas e socios,  sustitúen  económicamente a Administración
  • 1984: Primeiras axudas  de organismos oficiais
  • 1985: Primeiras actividades de ocio e  creación  do grupo de baile “Arco  da vella”
  • 1986: O invernadoiro xa produce prantas e  hortalizas
  • 1987: Juan Francisco, Pablo, Miguelito … por fin  teñen ascensor no Centro!
  • 1988: Primeiro convenio  económico  coa Consellería de educación
  • 1989: Traslado do Cole  a  Sangriña, por obras. Outra vez escaleiras  !
  • 1990: Constitución  da ANPA Joaquina de Otero, para apoiar a labor da Xunta Directiva da Asociación San Xerome
  • 1991: Reinvindicación diante do Presidente da Xunta para consegui-la   finalización das obras do novo Centro
  • 1992: Primeira furgoneta
  • 1993: Inauguración das obras de remodelación do Centro
  • 1994: Abre as súas portas a Tenda Atalaia
  • 1995: Constitución do Club deportivo
  • 1996: Posta en funcionamento do Programa de respiro familiar “ A Casiña”
  • 1997: Inicio das obras dos Talleres ocupacionais, e novo acceso pola Rúa Ramón Sobrino
  • 1998: Creación do Centro especial de emprego de xardinería
  • 1999:  25 Centros galegos e portugueses  na VII Convivencia intercentros no Cámping Santa Tecla
  • 2000: Cesión da Quinta das Mercedes  na Gándara por parte do Obispado
  • 2001: Presentación do documental “Eu son así”
  • 2002: Fase de  reflexión “O novo San Xerome”. Cambios no Organigrama
  • 2003: Xerock. A loita  contra a exclusión  a golpes de rock and roll
  • 2004:  Declarados entidade de utilidade pública
  • 2005: Intensificación das  actividades de ocio e integración co IES A Sangriña
  • 2006: 25 aniversario (Homenaxe  ós fundadores da Asociación e Festival IntegrAcción. “Música e solidariedade”)
  • 2007:  I Mostra da Camelia e I Poxa benéfica de arte
  • 2008: En Europa  co Proxecto  Comenius, e nos escenarios co  grupo de teatro Xeratrium
  • 2009: Presentación do  documental “Cantos rodados”
  • 2010: Programa de ocio e vivenda con apoio. Presentación do documental “O sexo sentido”
  • 2011: O futuro: Plan estratéxico e calidade

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas