16 Medallas para o Club deportivo S. Xerome no Campionato Galego de atletismo

O Campionato tivo lugar este mércores dia 29 de maio nas Pistas de atletismo Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, coa participación de 14 Clubes galegos. A organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI).
Resultados:

Na categoría de competición:
Borja Cadilla (A Guarda) – 1° en 3000 m. e 2° en 800 m.
Luis Sández (Tui) – 3° en 1500 m.
Fabio Martínez (Goián) – 1° en Lanzamento de peso e 3° en lanzamento de xabalina.
Amparo Ferreira (A Guarda) – 2ª en 3000 m. e 3ª en 1500 m.
Maite Santos (Tomiño) – 2ª en 800 m. e 2ª en 400 m.

Na categoría adaptada:
Fabián González (A Guarda) – 1º en 150 m. e 1º en 400 m.
Carmen Verde (Tomiño) – 1ª en 150 m. , 1ª en 400 m. y 2ª en lanzamento de peso.

Na terceira categoría (Xogo):
Pepe González (Tomiño) – 3º en 150 m.
Rosa Mª Alvarez (O Rosal) – 1ª en 150 m.
Os resultados foron inmellorables , evidenciando o gran traballo técnico realizado polos adestradores ó longo da tempada. Noraboa !
Os técnicos do noso Club recomendalle a organización 3 cuestións importantes de cara a mellorar e normalizar o deporte para as persoas con discapacidade:

1. A celebración dos campionatos na fin de semana, pola máis lóxica das normas de normalización e integración dos particpantes.
2. A ampliación da programación horaria do campionato de atletismo en duas xornadas (mañán e tarde), para evitar o “stress” competitivo dos atletas.
3. A programación de novas probas : marcha, lanzamento disco … que só será posible cando se amplie o horario das competicións.

As imaxes que se adxuntan son do adestrador J. Morais

 

rosa2 amparo amparo3 borja borja3 carmela1 carmela2 equipo2013 fabi1 fabi2 fabio maite1 pepe1 pepe2 rosa1

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas