11 medallas para o San Xerome no campionato galego de atletismo

Na máxima categoría, ou sexa Competición , os  nosos medallistas foron:

Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)

Luis Sández (2º en 800 m.)

Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)

Maite Santos (1ª  en 1500 m.)

María F. García (3ª en lanzamento de peso)

 

Na segunda categoría  (Adaptada):

Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)

Carmen Verde (1ª en 60 m. e  2ª  en 150 m.)

 

Na terceira categoría (Xogo):

Rosa María Alvarez (1ª en 60 m.)

 

Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición) , Paco Varela ( Adaptada) e Raquel Rodríguez (Xogo).

A actividade deportiva remata este ano coa participación  de 8 deportistas do noso Club, representando a Galicia  no Campionato de España de seleccións autonómicas (San Fernando – Cádiz).  Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala),  Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira, Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto).  Formará parte da expedición galega  como adestradora de baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.

Como en anos anteriores, e grazas a colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño  teremos unha xornada  lúdico-deportiva no rio Tamuxe,  con diferentes actividades (piragüismo, …) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.

GRACIÑAS!  A todos os que colaboraron dunha ou outra maneira  para manter vivo o noso Club deportivo,  nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas