Que tipo de voluntariado podo realizar na Asociación San Xerome Emiliani?
Para nos é moi importante a figura da persoa voluntaria, por iso, un dos nosos obxectivos convosco é ser o máis próximas/os a ti, a confianza, cumprir os dereitos establecidos e non abusar do teu tempo e solidariedade co proxecto.
SaNXe é unha asociación que ofrece servizos profesionales a persoas con disca intelectual e ás súas familias. Dispoñemos de diferentes servizos nos que as persoas participantes e alumnado poden traballar día tras día na consecución dos seus obxectivos de vida cun plan personalizado e unha atención o máis individualizada posible.
Non so dispoñemos de grandes profesionais formados en diferentes ámbitos, tamén dispoñemos dunha área de voluntariado na que as persoas que queiran coñecernos e formar parte do noso equipo voluntario pode participar.
Esta área traballa directamente coas persoas voluntarias acompañándoas no seu proceso de adaptación ás diferentes actividades que previamente seleccionan de mutuo acordo.
Para nos é moi importante a figura da persoa voluntaria, por iso, un dos nosos obxectivos convosco é ser o máis próximas/os a ti, a confianza, cumprir os dereitos establecidos e non abusar do teu tempo e solidariedade co proxecto. O mimo é importante, claro que si, pero tamén crecer contigo.
Como persoa voluntaria estarás acompañada por unha persoa profesional e realizaras as túas tarefas cumprindo coa lei vixente de voluntariado, estarás dada de alta como persoa voluntaria e estarás protexida co seguro axeitado.
As túas horas serán rexistradas para así poder solicitar cando o precises un certificado que demostra o teu rol na entidade. Tamén recibirás unha acreditación para que leves contigo durante a túa acción voluntaria.