¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Xemente

Semillas de la diversidad

San Xerome pon en marcha o proxecto XE-MENTE – Las semillas de la diversidad: Formación inclusiva na producción sostible e ecolóxica de herbas, árbores, flores, hortalizas e froitas para persoas con discapacidade.

 

 

XE-MENTE busca capacitar a persoas con diversidade en agricultura ecolóxica sostible, horticultura ecolóxica e as súas sementes, para chegar a crear e xestionar un horto ecolóxico, entre outras actividades.

O proxecto responde ante a falta de capacitación das persoas con diversidade; a escaseza de oferta formativa especializada para este colectivo; as reducidas posibilidades de atopar emprego nos territorios rurais de referencia; as dificultades de inserción socio-laboral das persoas con diversidade; as escasas iniciativas formativas inclusivas ás que acceder, habitualmente segregadas para persoas con e sen diversidade.

Fronte esta problemática, ofrecemos unha innovadora oferta de capacitación profesional inclusiva, sinxela e accesible, que capacita ás persoas nun ambiente de ensino-aprendizaxe aberto e inclusivo; empodera ás persoas con diversidade involucradas como co-formadores; xera novos perfís profesionais verdes innovadores demandados polas empresas; axuda a preservar a riqueza dun ecosistema autosostenible, favorecendo a valorización de variedades autóctonas, a biodiversidade e a optimización de recursos.

No proxecto fórmanse un total de 10 persoas con discapacidade, desempregadas e cunha actitude moi positiva cara a formación e a búsqueda de emprego.

As persoas acadarán un certificado de aproveitamento despois da realización de 610 horas de formación teórica e formación práctica, desenvoltas entre os meses de febreiro a setembro.

Para acadar o éxito total do proxecto, se emplea unha metodoloxía basada na aprendizaxe cooperativa, o que favorece a aprendizaxe a todos os niveis e favorece que cada persoa alumna poida avanzar ao seu ritmo e según as súas características e necesidades, sen ter que forzar a marcha e manter un ritmo de aprendizaxe estandarizado e homoxéneo.

O proxecto desenvólvese en A Guarda (Pontevedra) e propón 9 accións formativas verdes inclusivas que buscan conseguir formación e emprego de calidade:

- Módulo 1: Formación de co-formadores verdes

- Modulo 2: Capacitación para a Creación e xestión dun horto ecolóxico

- Módulo 3: Capacitación sobre Horticultura ecolóxica e as súas sementes

- Módulo 4: Capacitación para a Elaboración de compostaxe orgánica

- Modulo 5: Capacitación sobre Herbas medicinais autóctonas e as súas sementes

- Módulo 6: Capacitación sobre Fruticultura ecolóxica e as súas sementes

- Módulo 7: Capacitación sobre Especies arbóreas autóctonas e as súas sementes

- Módulo 8: Ecodiseño de sementeiros e recipientes biodegradables para plantones/envases de comercialización

- Módulo 9: ADGD151PO - Habilidades sociais de comunicación e resolución de conflitos no centro de traballo

 

Este proxecto está financiado pola FUNDACIÓN ONCE (Programa REFUERZO DE LA EMPLEABILIDAD DE PERSONAS JÓVENES CON DISCAPACIDAD “UNO A UNO” Operación P2546-2024 PIN Uno a Uno Año 2024-2025), con co-financiación a través do Fondo Social Europeo. (Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social 2021-2027).

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar