¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

UNO A UNO

Programa Reforzo de empregabilidade de persoas mozas con discapacidade "UNO A UNO".

Proxecto financiado pola Fundación Once e Fondo Social Europeo (Iniciativa de Emprego Xuvenil)

San Xerome pon en marcha o proxecto "Uno a Un: San Xerome abrindo camiño na hostalería e restauración" que pretende cualificar a 10 persoas con diversidade intelectual, maiores de 16 anos e menores de 30 anos @desemplear para que poidan desempeñar un traballo de calidade e profesionalizado no sector da hostalería, vinculada ao Camiño de Santiago Portugués e aos numerosos establecementos de hostalería e restauración que prestan servizo ao turismo na nosa zona.

O proxecto desenvólvese a través dun itinerario formativo teórico-práctico de 508 horas totais (256 teóricas e 252 prácticas), que dota ao alumnado das habilidades e competencias para poder desempeñar o seu labor profesional con profesionalidade e calidade, e facilitar a súa inserción laboral nun sector punteiro no noso territorio.

O itinerario formativo está composto por 9 accións formativas teóricas, pertencentes ao catálogo de especialidades formativas do SEPE, e 1 acción formativa práctica no centro de traballo, onde o alumnado do proxecto aprende da mellor maneira posible: aprender facendo.

Propoñemos unha formación ampla e transversal, baseada en accións formativas complementarias que darán ao noso alumnado do proxecto unha visión ampla e sistémica do funcionamento e xestión dun establecemento de hostalería. Desta forma, o proxecto permite ao alumnado non só adquirir as habilidades e competencias necesarias para o bo desempeño do seu labor profesional, senón ademais bríndalles a posibilidade de obter un certificado de participación recoñecido polo SEPE, que contribuirá a enriquecer o seu currículo.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar