Innovación na horticultura ecolóxica
O Programa de Horta da Asociación San Xerome Emiliani busca fomentar a educación ambiental e a ecoloxía. Desde XerHorta, traballamos co Calendario Biodinámico, a asociación e rotación de cultivos, e a produción dos nosos propios preparados vexetais.
Esforzámonos por protexer as sementes locais e autóctonas, e tamén nos aventuramos no mundo das plantas medicinais. Todo isto, mentres gozamos da contorna natural dunha maneira saudable e divertida.