"Na Asociación San Xerome entendemos a cultura como motor de cambio: a cultura é rebelde, fermosa e diversa, e un instrumento precioso para a inclusión. As artes son un espazo sen límites. E se non hai límites, é por tanto un universo infinito onde crecer, ser felices, coñecernos e explorar as nosas capacidades. Se non hai límites, as nosas expresións artísticas fannos pois únicas e extraordinarios. Singulares, pero iguais ao mesmo tempo. A cultura é igual para todas/os. Pero preguntámonos: somos todas/os iguales fronte a cultura?"
No Centro San Xerome a música, as artes e o encontro entre persoas sempre foron piares fundamentais nos que basear a intervención con persoas con discapacidade.
Caracterizámonos por ser unha organización integramente estruturada a partir dos intereses das persoas, cun funcionamento flexible ao servizo dos seus proxectos de vida.
Estes proxectos son a esencia da nosa entidade; acompañamos, custodiamos a súa intimidade e potenciamos as relacións crave a través dun forte vínculo.
Como profesionais, a nosa tarefa é a de ser "facilitadores de obxectivos", ben sexan de carácter social, terapéutico, de desenvolvemento persoal, ou para favorecer o alcance da autonomía na medida do posible.
Consideramos vital que as persoas con discapacidade teñan acceso a decidir de forma autónoma o lecer que lles gustaría gozar, ben sexa unha actividade cultural, lúdica, musical ou artística.
Desafortunadamente teñen moi poucas posibilidades de realizalo. Coa idea de abordar estas situacións de desigualdade detectadas, nace en 2003 o proxecto XeRock MÚSICA E DIVERSIDADE,unha iniciativa de carácter reivindicativo e terapéutico onde conflúen música, diversidade funcional, capacidades, e a loita polos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.
XeRock é un Proxecto coordinado pola Asociación San Xerome, e que vertebra todo un abanico de ofertas musicais, desde talleres de musicoterapia, grupos de percusión e de rock, e que ensaian, compoñen e actúan en directo.
O obxectivo principal de ESCOLA é achegar a música, as artes en xeral, a cultura e a diversidade á contorna das persoas.
Entre as súas ACTIVIDADES poderémonos atopar:
- Talleres artísticos inclusivos.
- Charlas e coloquios.
- Presentacións de iniciativas sociais: exposicións, proxeccións, información contracultural e actividades alternativas.
- Punto de encontro.
- Oferta cultural sen censura.
ESCOLA será xestionada por persoas voluntarias, profesionais da entidade San Xerome, familiares e a comunidade en xeral, sendo participantes directas as persoas usuarias da entidade, e que tamén poderán chegar a desenvolver un rol de responsabilidade do proxecto.
A ESCOLA, situada en pleno centro da Guarda, xustamente na rúa Concepción Arenal, será un espazo aberto a toda a comunidade. Todas as persoas poderán beneficiarse do proxecto, que se centrará con especial interese nas persoas con diversidade intelectual e colectivos vulnerables en xeral. Un espazo para todo o mundo que teña ganas de facer cousas, e destinado a persoas estupendas, excluídas, receptivas e diversas.