¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xerock Percusión no Incode Fest

O grupo musical deu a coñecer os proxectos que teñen dentro do centro e mostraron a importancia de fomentalos entre as persoas usuarias

O mércores 29 de maio, XeRock Percusión estivo presente nas xornadas de dialogo que realizaron os organizadores do festival Incode Fest na Universidade de Pontevedra. Este festival nace da innovación, a cooperación, a diversidade e a inclusión co fin de crear un espazo musical e cultural para TODOS.
 
No relatorio presentáronse as actividades de varias entidades como Igualarte, Sifu ou Music for all, cuxo fin é a inclusión de todas as persoas na música e na cultura en xeral. Pola súa banda, San Xerome deu a coñecer os proxectos musicais que temos na entidade e explicou a importancia de fomentar estas iniciativas dentro dos centros.
 
Estas xornadas están enmarcadas dentro dunha programación de concerto e actividades musicais do Incode Fest. Por iso, XeRock Percusión estivo en concerto na Alameda de Pontevedra, onde non deixaron indiferente a ningunha das persoas que acudiron a gozar da música.
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar