A ANPA Joaquina Sobrino do Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani pon en marcha a creación dun “Mural Creativo-Inclusivo” no propio concello de A Guarda. Visible ante a cidadanía.
É unha actividade que nos permite facer algo todas/os xuntas/os, de xeito lúdico, e onde participará alumnado, voluntariado, familiares e profesionais do centro; como tamén facer chegar e concienciar con él os dereitos das persoas con discapacidade á comunidade.
Ademais, consideramos que a toma de conciencia social e medioambiental é esencial, e por iso necesitamos empregar ferramentas realmente atractivas como pode ser a elaboración dun mural inclusivo e reivindicativo. Esta é unha dinámica de traballo na que se conxugan aspectos como: convivencia, arte, creatividade, relacións coa comunidade, discapacidade e reivindicación dos dereitos das persoas, co fin de crear un mural de todas/os, para todas/os.
Por elo, apóstase polo esgrafiado galego, un tesouro da arquitectura popular que merece ser protexido. Os encintados e os esgrafiados de cal son técnicas de revestimento mural que se poden observar en todo tipo de construccións, dende hórreos, muiños, vivendas, pazos ou igrexas.
Este tipo de decoración realízase superpondo capas de morteiro de cal con distintas cargas de árido ou ben teñidas para posteriormente recortar as superficiais de xeito que se quedan á vista as inferiores, dando lugar a un mural en relieve e con contraste de texturas e tons.
As propiedades da cal a convirten nun material inmellorable; como función arquitectónica serve de protección (regula a humidade, ofrece compacidade e resistencia), ten propiedades antisépticas e antimicrobianas, como misión estética ofrece numerosas posibilidades (disimula fábricas humildes ou deterioradas, pode imitar arquitecturas sofisticadas, aporta luminosidade ás fachadas e ofrece moitas posibilidades de ornamento) e tamén ten carácter simbólico e identitario.
En definitiva, valoramos positivo aproveitar os recursos da nosa contorna máis cercana, xunto con materiais sostibles para potenciar a apertura do centro ao noso entorno. Así como tamén procurar a formación integral do alumnado e persoas participantes en aspectos referidos a ampliación do seu horizonte cultural, inserción social e a creatividade. Desta forma búscase tamén a implicación de toda a comunidade educativa.
O próximo luns 18 de setembro comezaremos co deseño de XerAlma no Paseo Marítimo da Guarda. Desexamos que vos guste e que sacades moitas fotografías mencionándonos nas vosas publicacións!