¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Que tipo de voluntariado podo realizar na Asociación San Xerome Emiliani?

Para nos é moi importante a figura da persoa voluntaria, por iso, un dos nosos obxectivos convosco é ser o máis próximas/os a ti, a confianza, cumprir os dereitos establecidos e non abusar do teu tempo e solidariedade co proxecto

SaNXe é unha asociación que ofrece servizos profesionalizados a persoas con diversidade intelectual e ás súas familias. Dispoñemos de diferentes servizos na que as persoas participantes e alumnado poden traballar día tras día na consecución dos seus obxectivos de vida cun plan personalizado e unha atención o máis individualizada posible.

Non so dispoñemos de grandes profesionais formados en diferentes ámbitos, tamén dispoñemos dunha área de voluntariado na que as persoas que queiran coñecernos e formar parte do noso equipo voluntario pode participar.

Esta área traballa directamente coas persoas voluntarias acompañándoas no seu proceso de adaptación ás diferentes actividades que previamente seleccionan de mutuo acordo.

Para nos é moi importante a figura da persoa voluntaria, por iso, un dos nosos obxectivos convosco é ser o máis próximas/os a ti, a confianza, cumprir os dereitos establecidos e non abusar do teu tempo e solidariedade co proxecto. O mimo é importante, claro que si, pero tamén crecer contigo.

Como persoa voluntaria estarás acompañada por unha persoa profesional e realizaras as túas tarefas cumprindo coa lei vixente de voluntariado, estarás dada de alta como persoa voluntaria e estarás protexida co seguro axeitado.

As túas horas serán rexistradas para así poder solicitar cando o precises un certificado que demostra o teu rol na entidade. Tamén recibirás unha acreditación para que leves contigo durante a túa acción voluntaria.

Actualmente, as actividades onde podes realizar voluntariado son as seguintes:

  • Nas actividades nas que se precise apoio de persoal voluntaria en horario de atención directa no Servizo de Persoas Adultas ou no Centro Educativo. A atención directa é de luns a venres en horario de mañá finalizando na hora de xantar. Adaptámonos aos teus horarios.
  • Novo proxecto de ocio e cultura ESCOLA (Espazo Contracultural Aberto). Un espazo no centro da Guarda onde a inclusión e o compartir coñecementos son a esencia principal. Calquera horario e días.
  • FoGaReS SaNXe, proxecto onde se construirán 30 vivendas para máis de 60 persoas con diversidade intelectual. Neste voluntariado a túa acción é organizar/participar/apoiar nas actividades de información e recadación de fondos. Dende apoiar na nosa tenda Atalaia e Rastro, Bingos, Eventos, Concertos, etc.
  • Apoio en tarefas que precise o noso centro.
  • Coñecendo Xerome: actividade na que un día a semana, as persoas usuarias e voluntariado preparan actividades e información para presentar o proxecto SaNXe e o programa de voluntariado ás entidades que queiran visitarnos, realizar charlas informativas e dinámicas en centros escolares ou universidades, empresas etc.
  • Levar a cabo a túa propia actividade/obradoiro/evento.
  • Propoñer novas iniciativas e ideas.

Non requires experiencia previa para poder formar parte do noso equipo de voluntariado.

O importante e ser unha persoa sensible con gañas de cambiar o mundo! Para máis información podes contactarnos a través de: Número de teléfono e WhatsApp de voluntariado 604 08 16 02 Instagram e Facebook @sanxerome