¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Seis alumnos do centro educativo desfrutan dunha mobilidade Erasmus en Italia

A mobilidade ten unha duración de oito días e visitaranse lugares como Venecia, Florencia e Bologna co obxectivo de favorecer a inmersión cultural e lingüística de todos os participantes

Durante unha semana, seis alumnos do noso centro educativo CEEPR San Xerome Emiliani, xunto cos seus profesionais de apoio de referencia, están a realizar unha mobilidade Erasmus+ en Bologna ─Italia─. A experiencia realízase en colaboración coas entidades pioneiras en educación especial, CADIAI e OPEN GROUP, outorgando a oportunidade de intercambiar experiencias entre estudantes e de coñecer diferentes formas de traballo entre os profesionais das compañías.
 
A mobilidade ten unha duración de oito días ─desde o pasado 4 de maio ata o 11 do mesmo mes─ e visitaranse lugares como Venecia, Florencia e Bologna co obxectivo de favorecer a inmersión cultural e lingüística de todos os participantes.
 
Tamén, o Erasmus ten como obxectivo fomentar a participación do alumnado en decisións sobre os seus dereitos, obter o máximo rendemento das novas tecnoloxías e mellorar a calidade do desenvolvemento de procesos ecolóxicos implantados nos centros.
 
Para os estudantes, esta experiencia supón unha gran oportunidade para traballar a súa autonomía, autocuidado, relacións e habilidades sociais, así como a marabillosa inmersión nunha nova cultura. Entre as actividades planificadas para estas xornadas están previstas andainas inclusivas, laboratorios de pintura e talleres de elaboración de pasta fresca, entre outras.
 
Esta experiencia realízase no marco da Acreditación Erasmus+ no ámbito da Educación Escolar que o Servizo Español para a Internacionalización da Educación ─SEPIE─ concedeu a San Xerome no período 2023-2027 e, que está financiada polo programa Erasmus+.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar