A formación ten tres anos de duración, nos que as persoas participantes reciben formación adaptada, tanto nos contidos profesionais do Certificado de Profesionalidade de Nivel 1 que se vai a acreditar, como na formación complementaria e transversal, fundamental para unha capacitación completa. Este título abre novas portas para a inserción laboral, mellorando significativamente as súas habilidades e aumentando as súas posibilidades de conseguir un emprego de calidade no mercado laboral ordinario.
Na formación, os profesionais traballan para que as persoas adquiran capacidades en postos de traballo reais, reciban formación complementaria para o desenvolvemento laboral, melloren a súa inserción socio laboral, desenvolvan un traballo remunerado e alcancen a profesionalización e experiencia.
O primeiro ano realizouse a Formación de Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais. Tras o éxito desta primeira formación, a entidade conta con dúas FP Dual, onde as persoas obterán todos os coñecementos necesarios para a inserción laboral en traballos de forestal e hostalería.
Este programa está apoiado e financiado pola secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.