¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

FoGaReS SaNXe

Un proxecto innovador de vivendas inclusivas para persoas con diversidade intelectual

As persoas con diversidade intelectual son persoas que necesitan apoios xeneralizados ao longo de toda a súa vida. Estes apoios adóitanse facilitar desde a familia e desde os centros especializados como San Xerome. Pero estas persoas tamén teñen dereito a emanciparse, a vivir a súa vida independente cos apoios necesarios, como o resto da sociedade. E as familias tamén teñen dereito a ter tranquilidade sobre o futuro das súas fillas e fillos cando xa non poidan coidar deles.

En San Xerome queremos dar resposta a estas necesidades e garantir o dereito á vivenda digna e adecuada das persoas con diversidade intelectual da Comarca do Baixo Miño e as súas familias. Por iso creamos o proxecto FoGaReS SaNXe, unha solución residencial innovadora, baseada no modelo “Coop-housing”, que consiste na rehabilitación dun edificio patrimonial no Centro urbano da Guarda, onde se construirán 30 fogares inclusivos, onde 30 persoas con diversidade intelectual poderán vivir de forma autónoma e independente, cos apoios profesionalizados necesarios.

En que consiste o proxecto?

  • As persoas con diversidade intelectual son as protagonistas e as copropietarias dos seus propios fogares. Constituirase unha cooperativa de consumidores e usuarios, onde as persoas socias serán as que vivirán en FoGaReS SaNXe.
  • Os fogares son inclusivos e adaptados ás capacidades e preferencias de cada persoa. Trátase de vivendas accesibles, confortables e personalizables, onde cada persoa poderá desenvolver o seu proxecto de vida persoal.
  • Os fogares están integrados na contorna social e cultural da Guarda. Trátase dun edificio patrimonial que se rehabilitará respectando o seu valor histórico e arquitectónico, e que contribuirá á revitalización do Centro urbano.
  • Os fogares contan cunha ampla carta de servizos complementarios. Ofrecerase atención personalizada, apoio doméstico, actividades socioculturais, transporte adaptado etc.
  • Os fogares apoian ás familias nas súas necesidades de conciliación. Facilitarase a comunicación e o contacto entre as persoas que viven en FoGaReS SaNXe e as súas familias, así como o acceso a recursos e información.

 

Que beneficios ten o proxecto?

FoGaReS SaNXe é un proxecto que beneficia directamente ás persoas con diversidade intelectual da Comarca do Baixo Miño e as súas familias, pero tamén ten beneficios indirectos para outros colectivos:

  • Os profesionais dos servizos sociais residentes na Comarca do Baixo Miño: crearase emprego cualificado e mellorarase a calidade dos servizos prestados.
  • O tecido empresarial/profesional do Concello da Guarda: dinamizarase a economía local e xeraranse oportunidades de negocio e colaboración.
  • A poboación local do Concello da Guarda e do Baixo Miño: fomentarase a convivencia, a inclusión e a cohesión social.


Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

FoGaReS SaNXe conseguirá:

1.

Poñer en marcha un novo modelo de solución residencial innovador, centrado na persoa e no seu proxecto de vida persoal, na comarca do Baixo Miño.

 

2.

Ofrecer unha resposta innovadora aos novos retos da economía dos coidados.

 

3.

Empoderar ás persoas con discapacidade intelectual garantindo o seu dereito á emancipación, á autonomía e á toma de decisións.

 

4.

Apoiar ás familias das persoas con diversidade intelectual nas súas necesidades de apoio para atender ao coidado das súas fillas/os e familiares cando xa non poidan facerse cargo soas.

 

5.

Activar o emprego, as oportunidades laborais no territorio e fixar poboación nas áreas rurais semiurbanas da Comarca do Baixo Miño.

 

6.

Impulsar o desenvolvemento da economía local e a cohesión territorial.

 

Cómo podes colaborar?

En San Xerome gústannos os retos, e “conseguir imposibles”. Xa estamos ao choio para facer realidade este apaixonante proxecto. Pero non podemos facelo sós.

 

PRECISAMOS A TÚA AXUDA
Podes colaborar connosco facendo unha doazón económica para financiar o proxecto.

Quero doar

Tamén podes colaborar difundindo o proxecto entre os teus contactos, redes sociais ou medios de comunicación. Canta máis xente coñeza o proxecto, máis posibilidades teremos de conseguilo.

FoGaReS SaNXe somos todas e todos.

ÚneTe a nós. Faino realidade. Forma parte activa deste apaixonante proxecto.