VISITA Ó FARO DE VIGO

faro-de-vigo

Xa fai uns días dende que uns compañeir@s foron de visita á fábrica de Faro de Vigo, e quixemos preguntarlles como lles foi:

  • Hola compañeir@s, contáronnos que estivéchedes  na factoría de Faro de Vigo, ¿que víchedes?
  • Pois estivemos  en Chapela, Redondela, aquí é onde está a Factoría de Faro de Vigo. É unha fábrica moi grande. Fixéronnos unha visita guiada. Primeiro ensináronnos un vídeo sobre a historia do xornal e logo a hemeroteca dixital, buscamos e atopamos o primeiro artigo adicado ó San Xerome e a súa apertura. Despois demos unha volta pola sala de redacción, pero non había moitos redactores/as, xa que o xornal faise de noite. A verdade é que esta noticia sorprendeunos. E para finalizar fomos a zona de rotación ou impresión, onde montan e empaquetan o xornal para a súa distribución. Nesta parte imprimen os xornais nunha máquina moi, moi, moi grande.

IMG-20170308-WA0026 IMG-20170308-WA0027 IMG-20170308-WA0021

  • ¿Algo interesante que nos queirades dicir? ¿Algunha anécdota?
  • Aaaaahhh…… ¿pois sabiades que o xornal Faro de Vigo é un dos mais antigos de España e un dos máis antigos do mundo?. E, para rematar, contarvos que ó finalizar a visita, dende o Faro nos deron un regaliño.

IMG-20170308-WA0020

Uns días máis tarde desta visita d@s nos@s compas, o día 28-03-17 saíu unha publicación no propoio Xornal do Faro de Vigo, onde apareceu a fotografía da proba, e @s puidemos ver. Aquí a tedes:

Visita Faro, publicación el 28-3-17

Dende o equipo do Blog e do Centro San Xerome Emiliani, queremos dar o noso agradecemento ó Faro de Vigo pola visita e polo recibimento tan agradable que nos deron.

Redactores/as: Maite S, Lourdes, Fabián, Puri, Fabio e Senén.

Autor: Servizo de Adultos

Comparte esta publicación en