PROXECTO CORPO. “ACTIVIDADES E SAÍDAS ÚNICAS”

O proxecto corpo é un proxecto no que participan diferentes asociación, como “Avelaíña” e o C.E.I.P e I.E.S  A Sangriña, ademais da Residencia “Monte Tecla” e nos …. “San Xerome Emiliani”.

O 30 de Novembro e como parte do  proxecto corpo, o servizo de Adultos e Educativas fomos a Residencia “Monte Tecla” a facer adornos navideños. O chegar o salón a xente maior estaba sentada esperando por nos, entón repartímonos polas mesas, igual que fixeron os nenos e os mozos da Sangriña e Avelaíña.

Foi unha mañá especial e diferente. Fixemos estrelas para o Nadal e todo elo xunto a mellor compañía.

 

img-20161130-wa0004 img-20161130-wa0006 img-20161130-wa0008 img-20161130-wa0009

 

Ademais da visita a residencia, o venres 16 de decembro nesta mesma, fixemos un baile que levábamos moito tempo ensaiando. O baile saíu moi ben, divertímonos e recibimos moitos aplausos.

 

14600976_624908621029214_193327774130046410_n 15541933_624908924362517_7919315762049329903_n img-20161219-wa0003

img-20161219-wa0012       img-20161219-wa0011      img-20161219-wa0015  img-20161219-wa0014

GRAZAS POLA VOSA INVITACIÓN!!

ESPERAMOS VOLTAR PRONTO !!

img-20161219-wa0018

 

Nota: O proxecto corpo, é un proxecto interdisciplinar entre centros escolares e asociación locais co fin de potenciar actividades interxeneracionais na procura do benestar físico e emocional en todas as súas vertentes. As actividades conxuntas céntranse na procura da integración e inclusión social e a defensa dos dereitos de tod@s.

Reporteiros: Fabián, Maite, Celia e Miguel.

Autor: Servizo de Adultos

Comparte esta publicación en