Programa de Cooperación Garantía Xuvenil

O pasado 22 de Agosto de 2018 foi concedida unha Subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa adxudicación de dous perfiles profesionáis como coidadora e integradora social para ser contratados durante sete meses a partir do 28 de Setembro de 2018 por esta Asociación.

Este programa pretende ensinar destrezas que contribúan ó coidado de necesidades persoais, facilitar a independencia na vida diaria, a aceptación social na comunidade e no lugar de traballo. Ademais de traballar habilidades necesarias para coidar as funcións fisiolóxicas básicas, relacionarse cos demais en situacións sociais simples, diminuír a dependencia cara os demais cando se desarrollan actividades cotiás e potenciar o uso de servizos que se prestan a todos os cidadáns. Pretendemos así mesmo, traballar habilidades na vida do fogar co fin de adquirir destrezas necesarias para funcionar na súa propia casa ou outro servizo residencial.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son:

  • Mellorar destrezas na vida do fogar
  • Mellorar destrezas da vida persoal
  • Mellorar destrezas na comunidade

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), Elixes 5, Prioridade de investimento 8.2.,Obsectivo especifico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Apoio á vida independiente

Autor: S.Xerome

Comparte esta publicación en