Open Internacional de remo indoor e Campionato Nacional de Portugal

O xoves 7 xuño, o Club San Xerome-Robaleira, acudiu ao Open Internacional de remo indoor e Campionato Nacional de Portugal invitado pola ANDDI(Federación Portuguesa de deportistas con discapacidad intelectual), Este Open Internacional, celebrado en Vila Nova de Gaia, nas instalacións do Real Fluvial Portuense, xa se constituiu coma unha cita fixa no calendario competitivo da Sección de Remo do Club Deportivo.

Debido a unha metereoloxía adversa e as obras no casco vello de Gaia, varios equipos acudiron tarde a competición, o que causou a anulación dalgunha proba, e retrasos nas mesmas, non en tanto, a expedición do San Xerome formada por seis membros asinaron unha gran actuación,  Jaime Alvarez , obtivo a medalla BRONCE en  Scratch.

Pola súa banda María García obtivo a cuarta posicion na categoría de veteranas e Nuria Pereira, Lucía Baz, Maite Barros e Fabián Santos, completaron unha boa actuación, aínda que non chegaron ao podium.

Unha vez máis queremos dar constancia do agradecemento ao Club de Remo Robaleria polo seu apoio continuado neste proxecto.

Autor: Club Deportivo

Comparte esta publicación en