Memoria 2012 – Novo modelo organizativo

O ano 2012, vai ser lembrado na “memoria histórica” do S. Xerome, como o ano dos cambios estratéxicos e organizativos. As liñas de acción estan deseñadas no Plan estratéxico aprobado no mes de setembro . Ese documento é o mapa, e a partir dél comeza a apaixoante tarefa de transitar o territorio, de continuar facendo realidade o noso Proxecto. Resta avanzar no camiño ata o ano 2014, onde se replantexarán e avaliarán os obxectivos.

No mes de agosto de, diante dunha multitudinaria Asamblea de familias do S. Xerome, o Director do Centro durante 32 anos, Xosé Carlos González Blanco, informou da sua decisión irrevocable de deixar a Dirección a partir do inicio do Curso 2012-2013, desenrolando a partir do mes de setembro 2012 as tarefas de Psicólogo das Unidades Educativas. Tamén se producen cambios na composición da Xunta Directiva, onde deixa o seu cargo, Bernardino Estévez Martínez, Tesorero da entidade durante case 30 anos.

Ano de cambios polo tanto, pero tamén de novos e ilusionantes proxectos: o intercambio europeo Comenius Regio (Galiza-Francia), o Proxecto de remo adaptado xunto co Club de remo Robaleira de A Guarda, a vivenda para fomentar a vida autónoma, a reaparición do grupo Xerock …

A consolidación destes Proxectos , xunto coa continuidade daquelas actividades que marcaron o noso xeito de traballar dos último anos, co Plan estratéxico como guía fará que no ano 2013 teñamos a oportunidade de adaptarnos os novos modelos organizativos, cumprindo as restrictivas novas esixencias dictadas pola Administración, sen perder as nosas señas de identidade. Todo un reto en tempos difíciles.