Memoria 2011 – O Xerome  cumple  30 anos e inicia  o  camiño do futuro

Nen podemos nen queremos ser alleos a realidade.  O contorno para a celebración do  30 aniversario  do Centro (1981-2011), non  tiña o mellor decorado posible. O noso arredor, afectandonos  directamente:  a críse,  o aumento do paro, os recortes,  o cambio político,  e o cabreo e indignación  dos cidadáns  pola situación  económica  que nos tocou vivir sin tela provocado.

Non é  doado  manter  o nivel de  intensidade dos últimos tempos neste esceario. Familias, profesionais implicados, e  sobre todo os mozos e mozas do Xerome, fixemos un esforzo extra é  conseguimos sacar adiante unha  ampla axenda  de actividades   en tempos de críse, nos  que a maioría dos  nosos  fieis colaboradores están a  atravesar  enormes  dificultades  para  subsistir,  e nos que a Administración decidiu  que a  sanidade, educación e servizos sociais tamén ian ter recortes.

Case 365 días de actividade,  nos  que non contabilizamos a actividade  da programación  diaria, nen a xestión e administración,  nen a tenda de ventas , nen  a  participación   nos órganos de representación propios (Xunta Directiva, Anpa, Club deportivo),  ou  externos (Mercado Solidario,  Fundación G Prodis, Fademga, Fegaddi …), nen a  aparición  de personaxes “máxicos” que conducen furgonetas,   manteñen  a horta, o Viveiro, o césped do campo de fútbol, ou que dia  e noite  manteñen  aberto o “servizo de consultas e urxencias”.  Mención especial, polo tanto,  as voluntarias e voluntarios  no máis amplo dos sensos ,  que máis que nunca  conseguiron  suplir   de xeito  entusiasta  as carencias, e que fixeron posible incluso  a realización de  varias actividades na mesma xornada.

Quedámonos  con  varias  imaxes imborrables deste 2011: o Auditorio de Goián repleto de xente amiga apoiando a labor dos 30 anos de existencia do Centro,  a consolidación da nosa aventura europea nos Proxectos de  “Democracia participativa” e no Comenius Regio coa  unidade de acción co IES A Sangriña,  os éxitos  do Club deportivo,   de Xeratrium e Xerock, a  aposta revolucionaria do Servizo de adultos e a elaboración do Plan estratéxico do Centro como  motor do futuro  Xerome.

Para máis detalles, consultade  a Axenda adxunta.