Memoria 2010

Xaneiro

1-6 : Mercado Solidario en Tui

13: Supermercados Eroski, renova un ano máis o contrato de Luis Antonio e Ana Belén.

15: Xerock, participa no Estás Rock 2010

20: Presencia no enterro de Basilio Moreira Carrero, membro da Xunta Directiva da Asociación

20: Inicio das prácticas en ACIGU

22: Educativas en Caixa Nova (Actividades para escolares: música popular galega)

23: Asistimos o estreo de “Son nú” espectáculo da Fundación Igualarte.

24: Presencia na Meia Maratona Manuela Machado de Viana do Castelo.

25, 27: Expo “Historia de Galicia” no Centro Cultural de A Guarda

27: Educativas en Caixa Nova

27: Xornada deportiva organizada pola Fegaddi nas Travesas en Vigo.

  • Víctor Fuggetto e Paula Carro inician a rodaxe do corto de zombies “Pin pan fuera!” con Celeste, Jon, Pedro, Alvaro …

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), andaina, visita ó Centro comercial, visita a un concesionario de coches, mini golf en Vilanova,

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala

  • As Unidades educativas continúan o Curso de informática no Centro Cultural de A Guarda

 

AGRADECEMENTO A BASILIO MOREIRA CARRERO

Lonxe de ideoloxías políticas, relixiosas ou cuestións empresariais, o que sempre permañecerá será o aspecto humano das persoas, identificado por feitos concretos: a preocupación diaria polos demais, a solidariedade anónima, o apoio os máis desfavorecidos, … Graciñas Basilio, polo teu tempo, polos teus consellos, pola túa paciencia, amizade e coherencia.

Dirección e Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani, (A Guarda – Pontevedra) 20-01-2010

 

 

Febreiro

2: Educativas en Caixa Nova

4: CEDI nos Salesianos “La Cenicienta”

4: Actividade das Unidades educativas na Confitería Rogelio

5: Actuación de Xerock no Concerto solidario con Haití.

5-7: Campionato de España de campo a través (FEDDI), Málaga.

8: As Unidades educativas celebran o dia de San Xerome, no Restaurante Marbella

12: Desfile do Entroido polas ruas de A Guarda cos coles de A Guarda e a participación do CAPD de Chapela

19: Festa do deporte guardés. Carmelo Cadilla, premiado pola sua medalla no Campionato de España de atletismo o ano pasado.

19: Cea despedida do psicólogo Daniel Lomba.

19: Pre laboral visitan a exposición “Pintarte” de Bata en Vilagarcía

20: Ponencia de usuarios do noso Centro, no Encontro galego de mobilidade. Santiago.

25: Visita xunto con Centros da Fundación G Prodis da empresa de madeira Galopín de Cerceda.

  • Nova actividade deportiva: Tenis no Pavillón de Solanas os xoves (Adestrador: Heriberto).

  • Xornadas de formación para a implantación do Programa GP Integra

  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), visita ó aeródromo do Cerval, mini golf en Vilanova.

  • Un grupo de rapaces e unha monitora de pre laboral elaboran un periódico de información interna, chámase “Periódico loco”

  • Curso de informática no Centro Cultural e Taller de fotografía das Unidades educativas

 

 

Marzo

2: Campionato galego de campo a través (FEGADDI), Vigo. Categorías de competición, adaptada e xogo. Borja Cadilla Lomba, 3º clasificado (Comp. Masc.)

3: Ruta dos Muiños do Folón das Unidades educativas

4: Simulacro de evacuación no Centro.

5: Presentación da 1ª Carreira de 10.000 mts. e Andaina cultural solidaria, organizada polo Club Atletismo Tui.

5-6: Participación no Curso “Intervención en personas con síndrome de down” (CIG)

6,7: IV Mostra da Camelia

8: Participación en Baiona na Asamblea do Grupo de acción costeira (GAC).

9: Educativas en Caixa Nova.

12: Xuízo en Vigo, pola denuncia dun traballador e a CIG

13: 1ª Carreira de 10.000 mts. e Andaina cultural solidaria, organizada polo Club Atletismo Tui, a beneficio do noso Centro. (Recadación: 200 €)

15: Despedida de Roque Manuel (vai para o Centro Castro Navás), no Marbella.

16: Educativas en Caixa Nova

17: Primeira xornada da Liga galega de baloncesto feminino.

17; Grabación dunha reportaxe para o programa da V Televisión “Sobre rodas”

18- : Respiro familiar con Fademga dun grupo de usuarios do Centro.

20-27: Viaxe a Andorra de 2 usuarios do Centro (Bruno e David), con rapaces/as do IES A Sangriña.

22: Xerock, premio “integrACTÚA!” (A loita contra da exclusión a golpes de rock and roll). Actuación na Academia das artes e ciencias cinematográficas en Madrid.

23: Contacto coa Escola superior de Viana do Castelo para a realización conxunta dunha actividade de educación sexual.

27: Asamblea anual de socios

27: Membros de Xeratrium asisten como espectadores a unha xornada de teatro en Porriño

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, visita a Decathlon.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Xoel Méndez inicia a grabación do documental “O Sexo sentido”

  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala

 

 

Abril

5-13: Mercado Solidario en Tui

7: Primeira xornada de Fútbol sala (Cat. Competición masculina)

8: Explicamos no CP A Mata o funcionamento da nosa carpintería

9: Festival solidario da ANPA na Area panorámica de Tui: Xerock e a Fundación Igualarte

12: As Unidades educativas visitan o Monte Tetón en Tebra (Tomiño)

14-18: Campionato de España de fútbol sala . Categoría competición.

14-21: Viaxe a Maiorca de Samuel para participar nas actividades de intercambio do IES A Sangriña, IES Sá Pobla e San Xerome.

17: Participación dun grupo de alumnos e profes nun Curso da Mostra de cultivos de Tomiño.

20: Leopoldo, xerente da Fundación G Prodis, presenta xunto co xerente do noso Centro o proxecto para o mantemento dos xardíns do Concello de A Guarda

21: Campionato galego de natación. A Cañiza.

21: Un grupo de alumnos do Colexio PP Somascos realizan unha xornada de integración coas Unidades educativas do noso Centro.

21-27: actividades intercambio IES A Sangriña, IES Sa Pobla e San Xerome na Guarda. (26: visitan o San Xerome)

22: Entrevista no AGADIC, para xestionar o proxecto de teatro conxunto Xerpo-Xeratrium.

24: Xeratrium actúa no Auditorio do Rosal

26- 2 maio: Mercado Solidario na Feira de artesanía de Tui.

29: CEDI nos Salesianos (“Como se hace una canción”)

30: Cea homenaxe os voluntarios da Festa da Camelia.

30: Educativas en Caixa Nova.

30: Reunión do Agader

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, visita ó aeródromo do Cerval, de compras por Viana do Castelo

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Implantación no Centro do Programa de xestión GP Integra Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais e comité executivo da Fundación G Prodis.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Participación no Curso de Danza do vientre, organizado pola OMIX de A Guarda

 

 

Maio

26 abril – 2 maio: Mercado Solidario na Feira de artesanía de Tui.

3-9: Mercado Solidario na Festa do kiwi en Tomiño

5: Alumnos do CP A Mata realizan una xornada de integración co Taller de carpintería

5: Alumnos do Colexio PP Somascos realizan unha xornada de integración coas Unidades educativas.

5: Segunda xornada da Liga galega de baloncesto feminino (Cat. Competición).

8: VII Andaina Tudense organizada polo Club Atletismo Tui.

12: As U. educativas realiza unha actividade pedagóxica na Confitería Rogelio

12: Alumnos do CP A Mata realizan unha xornada de integración no Viveiro das Mercedes.

12: CEDI visita o zoo da Madroa

13: CEDI pasa o dia en Patos (Nigran), invitados pola Residencia da Xunta.

14: Participación das U. educativas e de CEDI no Festival das Letras xunto cos Coles de A Guarda, no Auditorio de San Benito.

19: As U. educativas participan na actividade “Tren Caixanova”

19: CEDI nos Salesianos (“El zapatero y el duende”)

19: Campionato galego de atletismo. Vilagarcía. 19 de maio de 2010.

Categoría de competición, adaptada e xogo. Amparo Ferreira Alvarez, 1ª clasificada 3.000 mts; Borja Cadilla Lomba, 2º clasificado 800 mts.; Fabio Martínez Otero, 2º clasificado lanzamento de peso; María Fernanda García Orduna, 2ª clasificada lanzamento de peso; Mingos Albadalejo Rendo, 3º clasificado lanzamento de peso; Javier Portela Vieira, 3º clasificado 1500 mts.; Maite Santos Fernández, 3ª clasificada 800 mts. Todos/as na máxima categoría de competición

20: CEDI nas Termas A Chavasqueira de Ourense

21: Nova xornada de integración do sector pre laboral co CP A Mata

24: Comida das educativas no Club de tenis Codesal

25: Un grupo de pre laboral visitan as instalacións dos Bombeiros voluntarios de Vila Nova de Cerveira.

26: Alumnos do CP A Sangriña no viveiro das Mercedes.

26-27: As U. educativas realizan unha viaxe a Santiago co apoio da furgoneta do Concello do Rosal, visitando Combarro, Portonovo, Padrón (Museo de Rosalía), Mosteiro de Herbón e os viveiros da Asociación AMIPA.

27: CEDI visita o Zoo da Madroa

27-30: Campionato de España de atletismo. Pontevedra. 27-30 maio 2010.

Categoría de competición masculina e feminina, e adaptada masculina. María Fernanda García Orduna, 1ª clasificada en lanzamento de disco (Comp. Fem.); Mingos Albadalejo Rendo, 2º clasificado en lanzamento de disco (Comp. Fem.)

31: Visitan o noso Cole un grupo de estudantes franceses e do IES A Sangriña, participantes nos intercambios con alumnos do noso Centro.

31- 4 xuño: Actividades intercambio en A Guarda, IES A Sagriña/Escola francesa/San Xerome

  • Ultimo mes do Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, actividade no Picadeiro O Rancho, Karts en Viana, Salón do automóbil en Cotogreande (Vigo)…

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Xornadas de convivencia con Centros educativos ordinarios.

  • Participación de Puri no Curso de “Danza del vientre”

 

 

Xuño

1: Piragúismo no Tamuxe con alumnos e profes do IES A Sangriña.

3: Exhibición do Grupo de baile de pre laboral no Centro Cultural de A Guarda

3-4: Curso de ferramentas de intervención no entorno escolar (G Prodis), impartido por Beatriz Matesanz.

7-25: Actividade “Cámping 2010”

9: Educativas no Talaso atlántico de Baiona

9: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) na Fundación Igualarte en Vigo.

9–13: Campionato de España por autonomías para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI), San Fernando, Cádiz.

Categoría competición.

Baloncesto feminino (5 deportistas do noso Club)

Fútbol sala masculino (2 deportistas do noso Club)

Atletismo masculino (1 deportista do noso Club)

12: Anabam, na celebración do seu 25 aniversario, premia un traballo realizado polas Unidades educativas.

12: Fin de Festa da VII Andaina tudense, aplazada pola choiva.

16: Sesión clínica co persoal sanitaria de A Guarda e O Rosal, sobre o Proxecto Prevén (revisión xinecolóxica de mozas con discapacidade)

17: : Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) no Centro Valle Miñor de Nigrán.

18: Actividade no Picadeiro O Rancho

18: A Escola de Moncho Leal realiza a convivencia anual no Cámping Santa Tecla

19-20: Xeratrium no Auditrorio de Goián (dia 19: “O segredo de Rebeca”, dia 20: “Moito ruido e poucas noces”).

21: As unidades educativas realizan un tramo do Camiño portugués pola Costa

22: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) no Centro Apamp de Vigo.

23: CEDI visita o CAPD de Chapela

24-27: Campamento do sector pre laboral en Vila do Conde (Portugal)

27: Comida da ANPA no Cámping Santa Tecla, agradecemento a Juan José Pino e actuacións do grupo de baile de pre laboral e de Kiko Carballo (Radio Tui). Número de participantes: 116

29: Visita a Cercipóvoa (Lisboa), para xestionar o Proxecto europeo “Democracia participativa”

30: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) en Fademga (Santiago).

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Xornadas de convivencia con Centros educativos ordinarios.

 

 

Xullo

2: Cea fin da tempada deportiva, 30 deportistas no Restaurante Aquilino.

8: Visita de Mini, antigua alumna do Centro e agora ingresada no CAPD de Ferrol.

8-20: Curso afectividade – sexualidade Galiza/Portugal (Débora Baz).

9-10: Curso de alteracións na deglución, organizado pola Fundación G Prodis (Ponente: Luz Martínez Serrano, Logopeda Hospital de Guadarrama – Madrid)

13: Bruno aproba o carnet de conducir

23: Participación nas actividades do Dia da mocidade, organizadas pola OMIX de A Guarda.

24-25: Mercado Solidario no Porto de A Guarda, na Festa das tradicións mariñeiras.

26: Visitanos Alfonso Martínez, antigo usuarios dos Talleres e agora residente nas Illas Canarias.

28: Responsables da DXT (Xefa provincial…) entregan un agasallo os compoñentes do grupo de teatro Xeratrium pola sua participación no Concurso de educación vial.

29: Festival de verán(CEDI – Prelaboral).

29: Comida de Pre laboral no Restaurante Pizzicata

30: Comida do CEDI no Restaurante Marbella

31: Asamblea conxunta de familias e profesionais do Centro, convocada pola ANPA.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • A Xunta decide rexeitar a axuda anual de mantemento a Fundación G Prodis

  • Iniciase a actividade “Voluntarios no camiño”, en coordinación co Concello da Guarda.

  • A empresa de xardinería San Jerónimo Emiliani SL, gaña o concurso público para o mantemento dos xardíns do Concello. Contratación de novos traballadores con discapacidade.

  • Concesión dunha axuda de La Caixa para a vivenda tutelada. “Próxima estación… vivimos sós”

 

 

Agosto

2: Inicio do mantemento dos xardíns de A Guarda, de momento con 4 traballadores.

5. Paseo en barco polo rio cun grupo de traballadores da SL.

9-13: Mercado Solidario nas Festas do Monte de A Guarda.

13: Borja e Javi participan na Carreira pedestre Festas do Monte.

23: Visitanos Luis Lomba, antigo usuario do Centro residente agora na Coruña.

26: Amalio organiza unha comida de Samuel con Lolo, o seu amigo maiorquín.

  • Gene e María Esther, todo o mes de Agosto de “respiro” con Fademga.

 

Setembro

4-5: Mercado Solidario en Gondomar e venda de productos na Festa da Poesía de Salvaterra.

6: Visitanos Rosmeri Trigo, antiga usuaria do Centro e agora residente en Vigo (asiste ó Centro San Francisco).

11: Paseo en bici e tren : A Guarda – Viana, co Club de Ocio.

14: Vendima en Terras Gauda (Goián) das Unidades educativas.

15: Educativas na Pedra Furada

15: CEDI visita unha escola de equitación en Monçao

20,21,22: Curso TALLER DE FORMACIÓN EN PECS BÁSICO de 20 horas presenciais, impartido por Sonia Vilaltella Verdes de Pyramid Educational Consultants – España (Organizado por G Prodis).

24: Asamblea do Agader en Mos

24-27: Mercado Solidario nas Festas do Cristo en Porriño.

29: Algúns traballadores secundan a Folga Xeral

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Empeza a funcionar o Piso tutelado (Subida ó Torroso).

  • Prácticas en empresas de usuarios do Sector prelaboral (ATSA, Talleres Rubio, Codema, Brotes, Prelo …)

 

 

Outubro

2: Inicio tempada deportiva coa incorporación de novos integrantes das unidades educativas.

9: Asamblea de inicio do Curso da ANPA, Elena Otero ratificada como Presidenta.

15: Visita a empresa Galopín en Cerceda

16: Actividade no Picadeiro O Rancho (Mougás).

20: Liga galega de fútbol sala (2ª xornada)

21: Feira galega do voluntariado en Area Central (Santiago), con alumnos do IES.

27: Participación no seminario “Empresas de inserción laboral”

28: As unidades educativas visitan o Faro de Vigo

29: Festa do Samaín no Cole.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • 2 novas traballadoras a través do Plan de cooperación

  • Xerock (música) e Xeratrium (teatro) retoman a sua actividade.

  • Revisión podolóxica dos usuarios/as por parte da Clínica Pesán

Novembro

6: Un grupo de profes e usuarios celebran o cumpleanos de Maite Santos e Vanesa.

8: Rafting en Arbo con alumnos do IES A Sangriña

8: Lucía e Cándido Oliveira da empresa Caparosa ( Nine – Braga), donan calcetíns para o séctor pre laboral, para financiar actividades de ocio.

9: Actividade do CEDI na Panadería Morales de A Guarda

10: O equipo de baloncesto feminino da categoría de competición acada o segundo posto na Liga galega, unha vez disputada a terceira e derradeira xornada. Un grupo de rapaces do Centro animaron ó equipo nas Pistas de Balaídos.

11: Magosto conxunto no Cole. Castañas con percusión, música folck, aeróbic, karaoke

12: Visita dun grupo de pre laboral o Hospital para acompañar a Rosa Maríoa, recén operada.

13: Presencia do Club deportivo na inauguración das novas Pistas de atletismo no campo de A Mata (O Rosal). Borja participa na carreira inaugural .

15: As unidades educativas visitan as Adegas Lagar de Fornelos do Rosal

15: CEDI visita a fábrica de conservas A Rosaleira, no Rosal

16: CEDI visita o Museo do Mar en Vigo

17: As unidades educativas continúan coa actividade nas Adegas Lagar de Fornelos do Rosal

18: As unidades educativas participan en Vigo nas actividades escolares de Caixanova

19: Presencia no IV Seminario sobre discapacidade e saúde mental, organizado por Fademga en Santiago.

19: Proxección do vídeo “O Sexo sentido” na Asociación Amipa de Padrón, co coloquio posterior cun grupo de mozos e mozas do noso Centro.

20: Magosto no Cole, organizado pola ANPA (60 persoas)

20: Participación de Borja Cadilla na III Carrreira popular Oscar Pereiro en Mos (Posto 462, de 904 participantes).

22: Reunión coas familias para explicar o novo Proxecto – CEDI.

23: CEDI, participa nunha actividade pedagóxica nun dos Muiños do Folón (O Rosal).

24: O equipo de fútbol sala do San Xerome, consegue o segundo posto na Liga galega de fútbol sala da Fegaddi. O Racing de Chapela son os novos campións galegos, e San Rafael terceiros.

24: As unidades educativas participan nas actividades escolares de Caixanova.

25: A Fundación Igualarte realiza unha convivencia lúdico – deportiva no noso Centro (fútbol, comida, visita os viveiros, discoteca …).

25: Elección dos diferentes representantes dos estamentos implicados no Consello escolar das Unidades educativas.

26: As educativas nas actividades escolares de Caixanova.

27-28: Curso de iniciación a Ecoagricultura (Enrique Banet – Galiza verde), Forcarei.

29: As educativas na Granxa escola “O Kiriko” (Act. Caixa nova)

30: Constitución oficial do Consello escolar do Centro educativo.

30: O CEDI, visita os viveiros do Toxal

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Alumnos/as das unidades educativas inician as prácticas na empresa ordinaria.

  • Participación das Unidades educativas no Curso “Materiais e recursos didácticos innovadores” (Santiago).

  • O equipo de baloncesto feminino estrea vestiario, grazas a unha subvención do Concello da Guarda.

  • Un taller conxunto de CEDI e pre laboral, fanse cargo do reparto da cartelería do Concello de A Guarda

  • CEDI e Pre laboral inician unha actividade conxunta na Biblioteca da Guarda, e a decoración do comedor (“Proxecto comedor”)

  • O Injuve subvenciona con 30.000 € a actividade “Democracia participativa”, a celebrar ó longo do ano 2011 en coordinación San Xerome – Avelaiña – Cercipóvoa (Lisboa).

 

 

Decembro

1,2,3: Curso de sistemas alternativos de comunicación, organizado por Fademga en Santiago (Lúa e Noemí).

2: Acto institucional da Fundación tutelar Sálvora no Centro Social Caixanova (Vigo).

10: As unidades educativas nas actividades para escolares de Caixanova (Vigo)

10: Visita dos Paxes reais do Corte Inglés.

11: Participación do equipo adaptado de fútbol sala no I Torneo de FS da Fundación Michel Salgado (Pavillón do Berbés – Vigo), xunto cos Clubes San Rafael, Praia de Samil e Juan XXIII. Perdemos na final co Club San Rafael. Dani consegue o trofeo ó mellor xogador, e Kike o de mellor porteiro do torneo.

13: CEDI visita o Taller de gaitas artesanais de Alfonso, no Rosal.

14: CEDI visita o departamento educativo do Verbum (Casa das palabras), en Samil (Vigo).

14-15: Participación no Curso de 12 horas “Liderar proxectos organizativos sostibles en tempos de cambio”, organizado por Algalia en Santiago.

15: As unidades educativas no Talaso Atlantico (Oia)

17: Os traballadores da empresa de xardinería celebran unha cea cun grupo de compañeiros e monitores a chegada do Nadal.

18: Participación no Mercado Solidario en Tui ata o 5 de xaneiro, xunto coas Asociacións Avelaiña, Vontade, Cogami Mos, Aceesca e Alento.

19: Guillermo, traballador da empresa de xardinería, viaxa a Bilbao en avión para pasar o Nadal coa sua irmán.

19: Borja Cadilla, participa na proba popular aberta en Vigo “49 gran premio pedestre do Nadal – Carreira do pavo 2010” (Posto número 82 )

20: Reunión coas familias dos participantes no proxecto europeo “Democracia participativa”.

21: Celebración do Nadal na Discoteca Zeppelin de A Guarda (Educativas e CEDI), e visita de Papá Noel.

22: Regalos do amigo invisible, e comida no Restaurante O Castillo (Educativas), e no Restaurante Juan (CEDI e prelaboral).

23 decembro – 5 de xaneiro: Campaña de Nadal na Tenda Atalaia e Campaña solidaria a beneficio do Centro coas empresas da zona.

 

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.

  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

  • Participación dun grupo de usuarios da vivenda con apoio nun obradoiro de “Vida autónoma”, organizado pola Cruz Vermella de A Guarda, e noutro de emancipación xuvenil da OMIX do Concello do Rosal

  • A sección de atletismo do Club deportivo, realiza adestramentos extras para mellorar a posta a punto. Primeiros adestramentos nas Pistas de atletismo da Mata no Rosal

  • Segundo premio no Concurso de Beléns organizado polo Colexio PP Somascos.

  • A Orde relixiosa San Miguel Arcangel, entrega agasallos os usuarios do Centro.

  • A ANPA, inicia unha Campaña para esixir un Programa de respiro familiar para a nosa zona.

  • Os “Reises Magos” puxeron a funcionar a nova web: www.sanxerome.com