ENTROIDO 2017

O xoves día 23 de febreiro celebramos no San Xerome a festa do Entroido .

En cada asemblea disfrazáronse de cousas diferentes. Uns/unhas disfrazáronse de percebes, outr@s de buzos , mexillóns, sereas  e de mariñeir@s, porque tiñamos como temática o MAR.

16864685_657234341129975_8608696232816419643_n

Asemblea do Ximnasio disfrazad@s de percebes.

16865113_657231164463626_432219427260099447_n

Asemblea de Teatro disfrazad@s de sereas.

16807210_657211477798928_6808896794287470509_n

Educativas disfrazad@s de mariñeir@s.

16681518_657231004463642_2319523813715172885_n

Asemblea de madeira, disfrazad@s de mexillóns.

16649179_657002894486453_5006730921655838956_n

Asemblea do ximnasio disfrazad@s de buzos.

 

 

 

 

 

 

 

 

A festa foi moi divertida, tivemos actuacións, música e tamén viñeron a visitarnos un grupo de chic@s do C.A.M.P. de Redondela. FOI XENIAL!!!

Primeiro fixemos un desfile para lucir os nosos disfraces e despois fixemos actuacións. Sacamos moitas fotos. Dende a asemblea do Ximnasio, que foron de buzos, fixeron un baile  coa canción  de “Quiero verte bailar” de Marlon Alves.

Dende a asemblea do piso, que ían de percebes, fixeron unha obra de teatro. En xeral nos entretimos con moitas actuacións, bailaron a macarena, danza africana… e logo fixemos karaoke: Borja e Celia imitaron  a Camela, Jona a Chenoa, Miguel a Xil Ríos, Pedro e Víctor a Manolo Escobar, Luci a Mónica Naranjo e J.Luis imitou a Raúl. Rímonos moito e fixérono moi ben, xa parecía que estabamos en “tu cara me suena ”.

16903207_657239117796164_2004330738447472430_o

Jona imitando a Chenoa.

16832309_657239347796141_8753051742642300062_n

Lucía imitando a Mónica Naranjo.

16864406_657238117796264_7523669675129099731_n

Borja e Celia imitando a Camela.

16681673_657239227796153_8520052931408945963_n

Luisa imitando a Joselito.

E xa para rematar tivemos música para tod@s, e claro, tamén tivemos que deixar todo recollido!!!

Redactores/as: Senén, Puri, Fabián, Lourdes e Maite S.

Autor: Servizo de Adultos

Comparte esta publicación en