CONTRATACIÓN DE TRES PERSOAS A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DE GARANTIA XUVENIL

O pasado mes de xullo foi concedida unha Subvención por parte da Concellería de Economía, Emprego e Industria coa adxudicación de tres perfiles profesionais como Administrativa, Educadora e coidadora para ser contratados durante sete meses a partir do 30 de setembro de 2016 por esta Asociación .

Trátase de traballar para Millorar a Calidade de Vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dende  diferentes ámbitos;  na parte administrativa: Arquivo, xestión de recibos e axuda en tarefas de adminstración. Como educadora realizará actividades de acompañamento no proceso de socialización para facilitar o acceso a inclusión na sociedade tendo en conta as súas necesidades e demandas así como as características do contorno. finalmente a coidadora realizará tarefas de apoio a persoas con  necesidade de apoio extensivo.

O impacto que esperamos está relacionado coa:

  • Adquisición de habilidades persoais, sociais e de comunicación.
  • Mellora da autoestima, facilitando a integración grupal.
  • Acompañamento en procesos de desenvolvemento persoal de persoas con diversidade funcional.
  • Millorar as relacións familiares.
  • Facilitar e axilizar a xestión administrativa.

Este programa foi subvencionado pola Consellería de Economía, emprego e industria, mediante resolución do 20 de xullo de 2016, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 

img_20161201_162948

Autor: Servizo de Adultos

Comparte esta publicación en