CONTRATACIÓN DE DUAS PERSOAS A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DE GARANTIA XUVENIL

O pasado mes de decembro foi concedida unha Subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa adxudicación de dous perfiles profesionáis como coidadora e integradora social para ser contratados durante sete meses a partir do 20 de decembro de 2017 por esta Asociación.
Tratase de traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias participando en actividades de prevención e promoción relacionadas coa comunicación humana, alimentación e a deglución.
E os obxectivos que se pretenden conseguir son:

  • Contrubuir a mellora xeral da calidade de vida das persoas con diversidade funcional.
  • Desenvolver, seleccionar os diferentes sistemas multimodales de comunicación aumentativos e alternativos,incluidas as estratexias sen axuda.
  • Intervir e asesorar sobre directrices para a mellora da comunicación e a deglución dos usuarios da Asociación.
  • Potenciar esta metodoloxía de traballo na Asociación.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), Elixes 5, Prioridade de investimento 8.2.,Obsectivo especifico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

 

Autor: Servizo de Adultos

Comparte esta publicación en