Club Deportivo

logo_clubA actividade deportiva é un ámbito fundamental no desevolvemento de calquera persoa xa que redunda nunha mellor calidade de vida: sensación de benestar, potenciación das relacións interpersonais, fomento da amizade, promoción e mellora das capacidades, desenvolvemento da autonomía persoal, integración social, etc.

Co obxectivo de fomentar estas ventaxas, constitúese no ano 1992 o Club Polideportivo San Xerome Emiliani, incorporándose ó ano seguinte á recén creada Federación Galega de Deporte para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI).

Nestes 19 anos de experiencia os nosos deportistas percorreron xa en varias ocasións a xeografía galega, a do resto do Estado español, e incluso o estranxeiro, nos diferentes campionatos galegos, estatais, ou internacionais nas modalidaddes de atletismo, fútbol sala, natación, baloncesto, e tamén nalgunha ocasión en equitación adaptada ou ximnasia rítmica. A obtención de importantes premios tanto no deporte individual, como sobre todo no deporte de equipo, soe ter escasa repercusión “mediática”, a pesar de que a consecución destes éxitos teñen sempre detrás unha historia difícil de superación persoal, moito sacrificio, unha loita en contra das circunstancias ademáis das xa habituais para calquer deportista; e polo tanto un doble esforzo.

Actualmente hai no club 30 deportistas con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño (concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Sta. María de Oia); que asisten ó Centro San Xerome Emiliani. O club ofrece a posibilidade de practicar os seguintes deportes: Atletismo, Baloncesto, Fútbol e Natación.

O Club Polideportivo San Xerome  Emiliani é un club federado; tanto a nivel autonómico como estatal; polo que os deportistas tamén o están.

O obxectivo do club é ofrecer ós deportistas con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño a posibilidade de practicar e participar en actividades deportivas, xa sexan federadas, como de integración social, potenciando e mellorando as suas capacidades e a autonomía, coa meta posta na normalización e na integración.

O Club o preside dende a sua creación José Martínez Tato.

Memorias do Club Deportivo

Memoria Club Deportivo 2013

Memoria Club Deportivo 2013

Descargar Memoria 2013 en PDF