Centro Educativo

¿Quen somos?

Un Centro de Educación Especial privado concertado que pertence á Asociación San Xerome Emiliani constituída no ano 1977 na Guarda.

¿Para quen?

Para alumnos entre 3-21 anos:

  • Con necesidades educativas epeciais
  • ANEAE (Alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo) e discapacidade intelectual.

Marco Legal

  • Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro para a mellora da calidade educativa.
  • Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Orde do 22 de marzo de 1999 pola que se regulan os programas de formación para a transición á vida adulta destinados aos alumnos con necesidades educativas especiais escolarizados en Centros de Educación Especial.
  • A Lei Orgánica 5/2002, das Cualificación e da Formación Profesional, atribúe ó INCUAL a resposabilidade de definir, elaborar e manter actualizado o Catálogo Nacional das Cualificacións Prefesionais e o correspondente Catálogo Modular de Formación Profesional.

Os nosos servizos educativos

Valoración e orientación
Atención Especializada: 

  • Psicoloxía – modificación de conducta, autoregulación…
  • Fisioterapia
  • Terapia ocupacional
  • Logopedia – Estimulación da comunicación, linguaxe, terapia miofuncional
  • Estimulación sensorial – Sala Snoezelen
  • Hidroterapia
  • Traballo social – Atención ás familias

Transporte adaptado
Comedor – Menús personalizados

Modalidades de escolarización

  1. Escolarización combinada
    Escolarización entre un centro ordinario e un Centro de educación específico. Esta modalidade ven establecida polo ditame de Escolarización dos EOE )Equipos de Orientación Específicos) de acordo coa familia coa finalidade de atender as necesidades específicas do alumno.
  2. Escolaridade específica
    Escolaridade completa no centro de educación especial:

    • Educación básica
    • Transición á vida adulta e/ou formación profesional adaptada

Aula de educación especial

Idades de 3-16 anos
A través da aprendizaxe baseada na experiencia, pretendemos o desenvolvemento integral do alumno.

  • Habilidades escolares funcionáis: Comunicación, lectura, escritura, cálculo, manexo de diñeiro…
  • Axuste persoal: Hábitos, autoestima, auto dirección, responsabilidade…
  • Axuste social: Relación interpersoal, habilidades sociais, xogos, uso de recursos da comunidade…
  • Coñecemento do entorno: Saídas, visitas…
  • Habilidades para a vida no fogar: Actividades da vida diaria, competencias para a vida independente…
  • Novas tecnoloxías TICS: Ordenador, pizarra dixital, tablet, comunicador…
  • Educación afectivo – sexual
  • Expresión plástica
  • Psicomotricidade
  • Estimulación basal
  • Apoios individuáis: Psicoloxía, fisioterapia, hidroterapia, logopedia, terapia ocupacional…
  • Outras actividades: 
    • Actividades deportivas: Natación, educación física, remo
    • Actividades extraescolares: Club deportivo: Baloncesto e atletismo.
    • Talleres: Artesanía, percusión…
    • Taller musical, cociña e horta

Transición á vida adulta e/ou formación

Idades de 16 a 21 anos

  • Transición á vida adulta
    • Ámbitos de experiencia:
      • Autonomía persoal na vida diaria
      • Integración social e comunitaria
  • Formación profesional adaptada
    • Cursos de formación adaptados segundo INCUAL:
      1. Agraria: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (330 h.)
      2. Servizos socioculturais e á comunidade (Novo): Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (270 h.)
  • Habilidades sociais laborais
  • Formación e orientación laboral

>> Descarrega o noso Tríptico