CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE REMOERGÓMETRO, RIBADAVIA, 28-01-2017

JAIME E ROSA Mª PRIMEIROS CAMPEONS DE ESPAÑA DE REMOERGOMETRO ADAPTADO

Na mañá do sábado 28, os remeiros de San Xerome-Robaleira puideron participar no seu primeiro Campionato de España de Remoergómetro, este campionato ten un valor especial  xa que hai anos que se intenta a inclusión de deportistas con discapacidade intelectual ,o custo foron catro anos de espera para que se puidese facer efectivo e visible de cara a sociedade.

Os deportistas estiveron moi ben respaldados polos seus monitores e compañeiros de San Xerome e do clube de remo Robaleira, entidade ca que naceu o proxecto común e que nos honra seguir crecendo ao seu carón.

Despois de participar en diversos eventos internacionais no país veciño de Portugal, nos fixo especial ilusión poder disputar o título máis importante do programa deportivo do remoergómetro estatal, organizado pola Federación Española de Remo(FER)

Obtivemos grandes resultados, copando o pódium na categoría feminina e conseguindo os títulos de Campións de España en categorías Feminina e Masculina.

Os resultados foron os seguintes:

Jaime Alvarez e Rosa Mª Alvarez, Campións de España.

María García medalla de prata e Jennifer Alvarez medalla de bronce

Domingos Albadalejo medalla de bronce

Por outro lado, Jose Bargiela e Fabián Santos remataron na cuarta e quinta posición.

Agradecementos a os técnicos, voluntarios e adestradores implicados e os acompañantes do mesmo, neste caso  Belén e Fabiola.

 

IMG_8239IMG_8249 IMG_8246 IMG_8244 IMG_8252 IMG_8245IMG_8258IMG_8266 IMG_8270 IMG_8273 IMG_8276 IMG_8277 IMG_8281 IMG_8296 IMG_8301 IMG_8307IMG_8263

Autor: Club Deportivo

Comparte esta publicación en