CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS – SANTANDER – 09/02/2019

O pasado 09 Febreiro celebrouse, no parque do palacio da Magdalena en Santander, o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI 2019.

O bo tempo acompañou toda a xornada atlética, onde houbo unha gran participación de atletas representando a clubes de 12 comunidades autónomas diferentes.

O Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, participou na categoría de habilidades deportivas con Celia López Camacho que acadou a 12ª posición. Na categoría  adaptada femenino as representantes foron Maite Santos Fernández (4ª), Nuria Pereira (5ª) e Vanesa Martínez (8ª). E finalmente, a categoría competición masculina participaron  Borja Cadilla Lomba(23º) e Armando Verde (25º xeral e 2º Veterano).

Gracias aos concellos de Tomiño e o Rosal os nosos atletas luciron chándal novo!! ;)

IMG_20190209_134142 IMG_20190209_141523 IMG_20190209_141609 IMG_20190209_120239

 

Autor: Club Deportivo

Comparte esta publicación en