Asociación San Xerome Emiliani

asociacionA Asociación San Xerome, constituese  no ano 1977,   despois dun complexo , difícil e anónimo  traballo  previo  realizado  por parte dun grupo de persoas  solidarias encabezado  polo Somasco José Luis Montes Fernández.

Este traballo  de sensibilización , e tamén de “limosna” na rua, continuou  ata  febreiro de 1981, data na que  abriu as suas portas o Centro San Xerome.

Presidiron a Asociación o citado José Luis Montes (1977-1981), Raúl González Puebla (1981- 2001) e Asunción  Dacuña Pacheco (2001- ata a actualidade).

A Asamblea anual é o máximo organo de representación da entidade, no que se  elixe a Xunta Directiva,  aprobanse  as contas, etc.

O Centro San Xerome,   depende da Xunta Directiva  nomeada pola Asamblea, seguindo a normativa dos Estatutos. A Xunta Directiva reúnese   mensualmente, e rixe os destinos dos diferentes servizos do Centro co  asesoramento da Xerencia.

Xunta directiva a 31 de maio de 2014

Nome

Cargo

Asunción Dacuña Pacheco Presidenta
Emilio Álvarez Pena Vicepresidente
Emilio Lomba Vicente Tesoureiro
José Ricardo Pravio Calvo Secretario
Carmen Diego Valverde Vocal
Mª Eulalia Amorín Barbosa Vocal
Antolín Cadilla Rodríguez Vocal
Pablo Martínez Álvarez Vocal
Víctor González Baquero Vocal