1ª XORNADA LIGA GALEGA BALONCESTO 2017. O PORRIÑO

O mércores día 8 de Marzo disputouse a segunda xornada correspondente a Liga FGDA de baloncesto.

A liga FGDA desenrolase en tres xornadas anuais, normalmente disputasdas no Pavillón Municipal de Porriño, este campeonato é unha oportunidade para que os nosos deportistas poidan disfrutar do deporte de competición, motivarse e esforzarse para chegar a un obxectivo concreto.

O obxectivo da competición é participar e crear ambiente favorecedor  e motivador de cara ao bo xogo, así como favorecer o benestar xeral dos usuarios…isto fai que se esforcen por acadar a victoria, todo isto supón un éxito en sí para o grupo, ven sendo o triunfo deportivo para o traballo diario nos adestramentos.

Así, propio xogo os ánimos do equipo masculino aumentaban a medida que os partidos transcurrían, porque hai que salientar unha mellora sustancial na maneira de xogar, do comportamento xeral do equipo e dos resultados mais axustados a o nivel actual do quipo e nada que comparar con anos anteriores…

Se o ano pasado rematábamos cunha victoria, este ano notase a loita e bo facer do aquipo que a metade dos partidos mantiñan una liña de victoria de cara o resultados finais.

Nesta segunda xornada o equipo masculino disputou o primeiro partido fronte ASDAN, cos a pesar de xogar realmente ben, non tiveron opción saíndo derrotados por 43-33. No segundo encontro, fronte AXPANAEX rozaron a victoria durante boa parte do partido, sen embargo, acusaron o cansanzo e remataron cedendo unha derrota por 33-45.

O Adestrador do equipo rival (Xesus) felicitou o equipo pola sua notoria melloría, así os próximos partidos tomaranse con máis confianza para seguir mellorando ata intentar conseguir victorias.

Na taboa de clasificación xeral da liga galega, o equipo masculino, vai en treceira posición…

Pola súa banda o equipo feminino tivo unha moi boa xornada, no primeiro partido impuxéronse as Esclavas A por un contundente14-21, nunha moi boa actuación por parte de todo o equipo. Con esta victoria recuperan a opción de revalidar o título do ano anterior, precisamente ante este mesmo equipo, o cal promete, unha derradeira xornada de emocións.

No segundo partido, as nosas saíron derrotadas por 13-24, neste encontro gozaron de moitos minutos aquelas xogadoras menos habituais do equipo.

O próximo mes de mayo, xogarase  a seguinte competición, daquela saberemos se os equipos tanto feminino como masculino, seguen co bo momento de xogo!!!

17156217_663918987128177_4887460433141850188_n 17239633_664364957083580_2742488064143296711_o 17155972_663806480472761_8112248626004739472_n 17191491_663807170472692_6304515263821592379_n17201055_663851677134908_7683037899067371604_n 17201175_663870537133022_2688076753191498733_n 17202794_663918960461513_3563320966376819921_n 17202873_664366317083444_6841658805584213829_n 17239633_664364957083580_2742488064143296711_o IMG_20170308_133921

Autor: Club Deportivo

Comparte esta publicación en